Chrome Extension
WeChat Mini Program
Use on ChatGLM

Experiencia de asistencia remota nunha asignatura base dunha enxeñería

Contextos universitarios transformadores: a nova normalidade académica. Leccións aprendidas e retos de futuro. V Xornadas de Innovación Docente(2021)

Cited 0|Views2
No score
Abstract
Neste traballo reflíctese unha experiencia de asistencia remota nunha asignatura base dunha enxeñería. Trátase da asignatura Resistencia dos Materiais, impartida no segundo cuatrimestre en distintos graos no ámbito da enxeñería industrial. A teoría, boletíns de exercícios e prácticas de laboratorio impartíronse en modalidade asíncrona mediante videos breves realizados con ScreenCastOMatic, usando como repositorio a páxina de Moodle da asignatura. Asociado a cada tema había un cuestionario Moodle para reforzar a teoría. Realizouse unha programación síncrona de casos prácticos con un foro de dúbidas asociado. A avaliación constaba de exame final, cuestionarios e práctica de laboratorio. Os exercicios do exame abríanse paulatinamente en Moodle e resolvíanse a man para ser posteriormente escaneados e enviados via correo electrónico. As tutorías, resolvéronse síncronamente por correo electrónico. As incidencias foron pouco significativas, debidas maioritariamente á entrega do exame fóra do prazo establecido. Os resultados, vistos coa perspectiva de anos anteriores, foron excelentes non só pola elevada taxa de éxito, senon tamén pola baixa taxa de non presentados.
More
Translated text
Key words
asistencia,asignatura base
AI Read Science
Must-Reading Tree
Example
Generate MRT to find the research sequence of this paper
Chat Paper
Summary is being generated by the instructions you defined